Publicado por: MontePituco | 03/01/2010

SÚMATE Á DEFENSA DO MONTE PITUCO!

Non estamos sós na defensa do Monte Pituco. Comunidades de montes, colectivos veciñais, organizacións ecoloxistas, asociacións culturais e mesmo movementos políticos rexeitan que o Monte Pituco se convirta en chan industrial. Ata o 24 de xaneiro, data na que se celebrará a asemblea na Comunidade de Montes de San Xulián, iremos sumando todas as adhesións posibles. Para que a súa directiva se decate de que non somos vinte veciños de nada, para que non enganen ao conxunto dos comuneiros con falsas promesas de enriquecemento económico e laboral, para que asuman que o cumprimento da lei é unha obriga de todos, para que a inviabilidade dun proxecto non sexa motivo de discusión coa excusa dunha aparente demostración de práctica democrática.

No documento que segue, figura unha proposta de adhesión que o colectivo ou representante interesado en subscribir, pode adaptar libremente, mantendo os principios de protección para o Monte Pituco. Unha vez cuberto e escaneado, prégase envialo ao enderezo de contacto montepituco@gmail.com. Estamos ao voso dispór, en caso de calquera dúbida sobre esta iniciativa. O día da asemblea dos comuneiros de San Xulián depositarase unha copia das adhesións ante a directiva da Comunidade de Montes. E logo desta primeira “batalla” xa se irán decidindo outros pasos a seguir ante as Administracións oficiais, que se irán comunicando a través desta canle.

DESCARGA O DOCUMENTO DE APOIO

Moitísimas grazas, de corazón.


Respostas

  1. Ánimo!
    A loita continúa (ou máis ben acaba de empezar!)
    Saúde!

    • Moitas grazas polo apoio. Non será tarefa doada, pero aí estaremos.
      “…A oliva nunha man, a fouce noutra,
      berremos alto e forte:
      A nosa terra é nosa!”
      …que dixo Cabanillas.

  2. Dos culpables muy claros en la “crisis” del monte Pituco. PSOE Y BNG, tanto monta… monta tanto. Agarraditos de la mano y con cara de no haber roto nunca un plato, tiran la piedra y esconden la mano. Lo suyo es puro terrorismo mediambiental. Dimisión YAAAAA.

  3. Vecinos de San Xulián no os dejeis CAMELAR. En el hipotético caso de que las empresas del puerto se trasladasen al monte Pituco, a ninguna de ellas se les ocurriría prescindir de cualquiera de sus trabajadores para emplear en su lugar a vuestros hijos. Que no os vendan humo. Vais a dar mucho a cambio de nada.

    • A Pedro e a Pepe, moitas grazas por visitar esta páxina e por participar cos vosos comentarios. Grazas polo voso apoio a este pequeno, pero sensato, grupo de veciños de Caeiro e Pena. Non nos sentimos sós, contamos coa adhesión de máis habitantes de San Xulián, do resto de Marín e das parroquias limítrofes con este concello. Xuntos podemos influir para que non se leve adiante un proxecto demoledor que causaría un dano irreversible na fachada da nosa ría e que aínda por riba non compensaría nin de lonxe coas ansiadas perspectivas económicas e laborais que tanto cacarexan os seus promotores para xustificar a cimentación do monte protexido e a súa conversión nunha mole de formigón. Queremos unha ordenación e xestión intelixente do territorio, non medidas disparatadas, alegais e caprichosas.

    • Quen se vai trasladar dend eo Porto? Ni Dios! O polígono é para uns outra baza de tartar de captar o voto, e para outros outra baza de especular co que non lle pertence.

      • Grazas por participar no blogue, Víctor. Avecíñase unha época difícil, a pre-campaña e a campaña electoral, nas que o tema do chan industrial vai estar na picota. Imos precisar todo o apoio para defender, agora máis que nunca, o Monte Pituco.

  4. O que está a pasar co monte Pituco lembrame en certa medida a película de James Cameron “Avatar”. Os xuros económicos de un fato de desaprensivos ponse por diante da conservación da natureza, sen importarlles a quen teñan que pisotear para conseguir os seus oscuros obxetivos.
    Ánimo defensores do monte Pituco, estamos con vos.

    • Gustoume moito a min tamén esa película. Esa lectura ecolóxica pode facerse extensible en certo modo a esta problemática e a moitas máis nas que as infraestruturas, as empresas e os negocios andan polo medio.
      …De verdade somos tantos? Hoxe en Facebook, alguén con quen simpatizamos lanzaba unha reflexión un tanto descorazonadora: “Se somos poucos, temos menos dereitos?”.

  5. Todo o meu apoio os valentes defensores do monte Pituco. Estou seguro que non poderan cos que queremos un monte verde e cheo de vida.
    Edil, dimisión ¡XA!.

    • Ola Antón, moitísimas grazas polo teu respaldo. A verdade é que algo valentes tivemos que ser para poñernos diante, o domingo pasado, de tanta xente disposta a apabullarnos con argumentos escuros e baleiros de contido, polo seu si e pola súa imposición.
      Dáme moita ledicia que este blog empece a animarse. Cada día haberá unha nova diferente. Grazas por visitarnos e por participar!

  6. La opción Monte Pituco, fue “desechada en el año 2000” , debido al desnivel del terreno que lo hacía inviable. Lo que ayer no servía resulta que a día de hoy es la zona elegida por el Concello para crear el nuevo polígono de Marin, ignorando que forma parte del espacio protegido a nivel autonómico Montes do Morrazo, tal y como figura en las Directrices de Ordenación do Territorio de la Xunta. En esta documento se menciona al Pituco como área estratégica de conservación.
    En mi modesta opinión, la opción del monte Pituco es un parche innecesario y cortoplacista. Los modernos polígonos industriales hoy se hacen en zonas alejadas de las ciudades, bien comunicadas, pero alejadas para no entorpecer el desarrollo urbano. Construir un polígono industrial en el Pituco tiene muchos inconvenientes y muy pocos beneficios, mas bien ninguno, por eso estoy en total desacuerdo. Señores del Concello hay que buscar una opción “B”. Muchas gracias.

  7. Eu tamén quero dar o meu apoio os veciños da Pena e o Caeiro para que non desfallezcan e sigan loitando polo seu monte. Aburiño.

    • Moitas grazas, unha vez máis, a todas as persoas que, cos vosos comentarios -ata agora todos de apoio absoluto- estades contribuindo a que esta canle de comunicación encol do Monte Pituco estea viva e sexa cada vez máis participativa.

  8. Si o monte Pituco é unha área de estratéxica conservación non entendo por qué unhos señores políticos que o que ten que facer sobre todo e cumplir a lei, queren montar o que queren montar no monte Pituco. Ninguén esta por riba da lei nin xiquera vostedes.

    • Ola, moitas grazas por visitar esta páxina e por participar co teu comentario. Entendo que cando dis que ninguén está por riba da lei, refíreste ao poder político, pola súa pretensión de instalar un polígono industrial nun espazo protexido.
      …Por desgraza, o Monte Pituco non é o único caso dunha potencial agresión ao medio ambiente e ao patrimonio natural do que todos temos dereito a disfrutar. Para iso está a mobilización social, para facerlles ver aos dirixentes políticos que non todo vale, e para tratar de sensibilizar aos veciños e ás persoas cunha mentalidade allea a estes valores.

  9. Claro que me refiro os políticos. Se estes señores non cumpren as leis, como despois poden esixirnos os cidadans que as cumpramos. Paréceme un acto de fariseismo lamentable. Creo que temos que ser mas esixentes cas persoas as que lle otorgamos o noso voto e pedirlle responsabilidades por os seus actos.

  10. Estou dacordo con Luisa, si o monte Pituco está protexido temos que esixir o político de turno que faga cumprir a lei, e se non que non ha fixeran.

    • Grazas, Xosé Manuel. O grave desta situación é que os interesados en que este proxecto inxusto se leve a cabo están dispostos a demandar que a Xunta des-protexa o Pituco; é dicir, que lle retiren a catalogación que ten de espazo protexido. É lamentable que, para un espazo protexido que ten Marín, con todos os respectos para outros enclaves senlleiros (dende os petroglifos de Mogor, ata Cotorredondo -aínda compartido co concello de Vilaboa- pasando polas praias ou a finca de Cadro), veñan os xestores municipais a botar pedras sobre o propio tellado e a desprestixiar o patrimonio natural que é de todos, a cambio de hormigonar o monte por catro patacos. E aínda serán capaces algúns brutos/as de atentar contra os gravados rupestres para ter menos trabas, levar adiante eses plans e sacar a tallada correspondente. Queda feita a advertencia.

  11. Nature WINS for ever…

  12. Sólo espero que vuestra lucha de sus frutos y que dentro de muchos años el monte Pituco esté tan hermoso, verde y lleno de vida como lo está ahora. Ánimo suerte y al toro…

    • Gracias por tus buenos deseos, Toño. A todos, en general. No hay día que no entre en la bandeja de correo cinco, diez, veinte veces a lo largo de la mañana, de la tarde, de la noche, esperando que haya comentarios de ánimo. Hacen mucha falta para no desanimarse, para contrarrestar las descalificaciones de quienes solo desean ver el Monte Pituco, el Alto de Pornedo, convertido en un llano de hormigón inerte.

  13. Creo que tenéis toda la razón del mundo para exigir que un área de estratégica conservación como el monte Pituco siga conservándose en un futuro, valga la redundancia. Espero que la Xunta de Galicia no os falle. Suerte.

    • Gracias Manuel, intentaremos poner en valor todas las cualidades desde el punto de vista urbanístico, ambiental y patrimonial para que la Administración perciba claramente que no se puede consentir semejante proyecto en el monte Pituco/Pornedo. Uno de los escasos espacios protegidos con los que cuenta Marín, por cierto.

  14. Yo me sumo a la defensa del monte Pituco

    • Muchas gracias por tu apoyo. Nos gusta y nos anima saber que cada día somos unos poquitos más.

  15. Desgraciadamente hoy en día siguen primando los supuestos intereses económicos ante la conservación de la naturaleza. Craso error, la naturaleza debe ser nuestro principal interés, nuestro principal valor a proteger. El monte Pituco es un tesoro que hay que conservar para futuras generaciones.

    • Gracias por participar, Ramiro, y por valorar la riqueza real de este monte. Por desgracia, ni sus propios habitantes lo valoran como merece y lo quieren convertir en el patio trasero de la industria viguesa. Por un puñado de euros. Por un puñado de votos.

  16. “Por un verde prado
    de verdes sombras lleno
    cruzando va un arroyo
    entre cristal deshecho…”(Lope de Vega)..creo.

    Espacio abierto a la meditación, relajación….¡¡por un mirador natural inalterable SALVEMOS MONTE PITUCO
    ÁNIMO!!

    • Moitas grazas polas túas palabras de ánimo… e por eses versos tan refrescantes.
      Confirmada a autoría: Lope de Vega, en “El baile de don Jaime” (1617).


Deixar un comentario

Categorías