Publicado por: MontePituco | 29/12/2009

DEFENDE O MONTE PITUCO

O MONTE PITUCO ESTÁ EN PERIGO. Os veciños dos lugares de Pena e Caeiro están dispostos a defender o valor ambiental e patrimonial deste espazo ameazado polos plans do Concello de Marín para instalar nel un parque industrial de 400.000 metros cadrados. A sentenza do Tribunal Supremo -que declara ilegais boa parte dos recheos portuarios e que deixa en precario a situación urbanística das naves asentadas neles- apremia e o municipio carece de chan empresarial. Por mais que o proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal aconsella o monte de Pastoriza para esta actividade, o documento que rexerá o futuro urbanístico da vila parece re-escrito ao gusto do Goberno municipal, que prefire a opción do Monte Pituco por motivos económicos.

Sempre os motivos económicos. Os motivos económicos por riba do valor ambiental dun espazo protexido que pertence aos Montes do Morrazo; por riba da riqueza patrimonial dos xacementos rupestres que abundan na zona e que precisan ser conservados; por riba do potencial forestal dunha área que, cunha xestión axeitada, podería combinar usos sociais, turísticos e aproveitamento dos recursos naturais… O Monte Pituco ocupa un espazo estratéxico. CÓMPRE DEFENDELO: da voracidade do Concello de Marín, da complicidade subrepticia da comunidade de montes de San Xulián, do seguidismo que están dispostos a practicar algúns colectivos veciñais enganchados erroneamente á promesa demagóxica da creación de emprego.

Esta páxina web albergará os argumentos para evitar a instalación dese equipamento industrial, porto seco ou o eufemismo que lle cadre. Será a voz dos veciños e dos colectivos que apoian a defensa do Monte Pituco, a súa posta en valor para o lecer, a cultura, a protección da paisaxe e o uso sostible do bosque. Avecíñase un 2010 de intenso traballo e XUNTOS PODEREMOS PROTEXELO DAS AGRESIÓNS QUE O AMEAZAN.


Respostas

  1. Dende o blog breaseixo.wordpress.com, queremos ser os primeiros en darlle a benvida ó blog “Defende o Monte Pituco”.

    O mellor consello que podemos darvos son estas palabras sacadas dun poema de Celso Emilio Ferreiro e que tantos ánimos nos deron ós veciños da Brea:

    “Deus che dea ira
    que pacencia tés de abondo”

    Apertas

    • …Máis versos de Celso Emilio, dende o Pituco ata A Brea:
      “Por enriba de tódalas fronteiras,
      por enriba de muros e valados,
      si os nosos soños son igoales,
      coma un irmán che falo”.
      Re-apertas

  2. Dende NonaFranxa tamen queremos apoiar esta iniciativa cidadan pola defensa do Monte Pituco.

    Basta xa de acabar cos nosos montes poli interese capitalista duns poucos.

    un Saudo

  3. En su homilía de hoy el CURA PÁRROCO de San Julián se ha manifestado públicamente en contra de la construcción del polígono industrial en el monte de “O Pornedo, mal llamado Monte Pituco”, según él. Así mismo en la hoja parroquial incluye un apartado en el que dice lo siguiente: “A propósito do monte comunal. A propósito da controversia xurdida póla intención local de adica-lo monte de O pornedo a zona industrial, aqui só se quere recordar a opinión mantida invariablemente por parte da parroquia, que é contraria a adicación de ese monte comunal a zona industrial. Dado o pequeno espacio que ofrece a folla parroquial non podemos extendernos mais, pero a nosa postura queda clara NON Á RUINA DO MONTE COMUNAL”.

    • estou totalmente de acordo co parroco, debemos chamarle o monte polo seu nome PORNEDO e non PITUCO haber se quedan enterados dunha vez,e que nos deixen o monte como está, se queren experimentos que o fagan noutro lugar

      • Ademais da recuperación ambiental da zona, da posta en valor dos seus recursos forestais e dos seus achados arqueolóxicos, estamos percibindo que cómpre un estudo a fondo da súa toponimia. Para a xente máis nova do lugar, a denominación de Pornedo resúltanos estraña porque toda a vida medramos escoitando que ao monte se lle chamaba Pituco. Dende logo, apostamos pola recuperación dos nomes tradicionais e neste blog vimos utilizando as dúas denominacións. Se mantemos a dualidade é porque socialmente o nome de monte Pituco está tan extendido, que se unicamente nos referiramos ao monte Pornedo parecería que estamos a falar de sitios diferentes. En calquera caso, e sen restarlle importancia á toponimia tradicional, o principal obxectivo é defender o monte da tremenda agresión que o ameaza; de pouco serve chamar aos lugares polo seu nome se deixan de ser o que son. Unámonos na conservación do monte Pornedo/Pituco, evitemos a desfeita irreparable que suporía convertelo nun inmenso solar de cemento, e logo traballemos por sacarlle lustre a todas esas cualidades que fan que este lugar sexa tan especial. Grazas por participar e un saúdo.

  4. Paréceme unha boa noticia ter a igrexa e por qué non dicilo, a Deus, tamén do noso lado. Ben polo cura de San Xulián.

  5. Pois agora soamente nos fai faia o demo e xa estamos todos.

  6. […] Monte Pituco está en perigo”. É a frase que inaugurou, o 29 de decembro de 2009, o blog Defende o Monte Pituco. As palabras daquel primeiro artigo abrollaron da necesidade, da […]


Deixar un comentario

Categorías