Precisamos a túa adhesión. Somos un colectivo veciñal moi cativo para unha loita tan grande. Un puñado de formigas contra unha fila de apisonadoras. Pero se contamos contigo seremos máis fortes. Se pertences a un colectivo veciñal, unha organización ambiental, unha comunidade de montes, unha agrupación social ou cultural, se es unha persoa sensible co medio ambiente, coa conservación do patrimonio rupestre, coa calidade de vida… Descarga o documento e, se estás de acordo cos seus contidos (mesmo os podes complementar con aspectos de colleita propia), envíanolo por correo electrónico a montepituco@gmail.com. Moitas grazas!


A xunta directiva asume como nosas a defensa do monte Pornedo. Lamentamos, anque para nós non é novedoso, a actitude pouco reflesiva dos veciños/as de Macenlle e outros, os cales tamén apoiamos no seu momento. Decir que primeiro son as personas e despois as árbores é tanto como negar as teorías da creación do mundo e da especie humana. Como católicos debían de repasar os libros sagrados.
Por: AA.VV San xulian o 02/02/2010
ás 11:46
Moitas grazas á Asociación de Veciños e Veciñas de San Xulián polo seu respaldo, pola súa contribución á campaña de recollida de sinaturas e polo seu seguemento deste conflicto a prol da defensa do Monte Pornedo/Pituco.
Por: montepituco o 02/02/2010
ás 11:56
A xunta directiva asume como nosas a defensa do monte Pornedo. Lamentamos, anque para nós non é novedoso, a actitude pouco reflesiva dos veciños/as de Macenlle e outros, os cales tamén apoiamos no seu momento. Decir que primeiro son as personas e despois as árbores é tanto como negar as teorías da creación do mundo e da especie humana. Como católicos debían de repasar os libros sagrados.
Por: Sammy o 27/09/2011
ás 22:17
Sammy, agradeceriamos que te identificaras para saber en nome de que colectivo te estás pronunciando.
Saúdos.
Por: MontePituco o 28/09/2011
ás 20:38