Publicado por: MontePituco | 27/01/2012

A VISITA DO CONSELLEIRO, NA PRENSA

Hernández supedita el polígono de Marín a factores ambientales“.

La oposición pide que el plan de la Xunta respete las delimitaciones del PXOM“.

Agustín Hernández no descarta que Marín pueda contar con parques empresariales“.

Hernández se compromete a ”garantizar emplazamientos adecuados” para su desarrollo industrial“.

 

Publicado por: MontePituco | 26/01/2012

SOLICITUDE DE ENTREVISTA CON HERNÁNDEZ

Con motivo da súa presenza en Marín, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, levou en man una copia da solicitude de entrevista que hoxe se presentou por Rexistro na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra.

Publicado por: MontePituco | 25/01/2012

O CONSELLEIRO HERNÁNDEZ VÉN A MARÍN

Dentro dunhas poucas horas, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, virá a Marín, acompañado polo director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Boné, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

O motivo da súa presenza en Marín é manter “unha reunión de traballo” coa alcaldesa, María Ramallo, na que tamén participarán os voceiros dos grupos municipais. Obviamente, o asunto que tratarán, aínda que o Gabinete da Xunta non especifica, é o chan industrial, a raíz do dictame que califica de inviable a instalación dun polígono industrial no Monte Pornedo e no conxunto dos Montes do Morrazo.

Como xa se anunciou nesta páxina, e así o vén de recoller o Diario de Pontevedra na súa edición de hoxe, a Asociación de Veciños de San Xulián, a Asociación pola Defensa da Ría e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo van presentar alegacións para que o Goberno autonómico manteña ese criterio e ignore o recurso do Concello de Marín, que segue reclamando a instalación un parque empresarial no Pornedo.

Publicado por: MontePituco | 24/01/2012

AS CRÍTICAS ÁS ALEGACIÓNS DO CONCELLO, NO DIARIO

(…Louvado sexa Deus, que o Diario cambiou de foto).

A Asociación de Veciños de San Xulián vaise adherir ás alegacións que Defende o Monte Pituco (Pornedo) presentará ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais para demandarlle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que teña en conta a orografía escarpada e o desnivel deste espazo, a súa riqueza natural e o seu rango de protección ambiental, así como a presenza de abundantes vestixios prehistóricos, para desestimar a petición do Concello de Marín de instalar un polígono industrial neste enclave sensible da vila, situado nun lugar de moi alta intervisibilidade e onde produciría un impacto visual e paisaxístico irreversible.

Ademais do colectivo veciñal da parroquia, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra expresou a súa vontade de sumarse ao documento a prol da conservación do Monte Pornedo. A APDR xa se ten posicionado en contra da construcción dun polígono neste emprazamento, motivo polo cal esta entidade ambiental xa cuestionara o contido do proxecto de PXOM de Marín en materia de desenvolvemento industrial.

Tamén a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, que conta co apoio de varios colectivos sociais, culturais e veciñais do contorno do Morrazo, anunciou xa que vai presentar un recurso para que a Xunta manteña ese dictame segundo o cal as áreas empresariais de Marín-Pontevedra e Marín-Moaña son inviables. 

Publicado por: MontePituco | 22/01/2012

AS ALEGACIÓNS DO CONCELLO, UNHA MOSTRA DE HIPOCRESÍA

Que Marín aspire a contar, xa non con un, senón con dous polígonos industriais -no Pornedo e mais na Pastoriza- é, cando menos, un exceso dende o punto de vista da “explotación” do territorio; un sacrificio innecesario de masa forestal e monte baixo, do pulmón verde que osixena esta vila; unha esaxeración para o nivel de demanda empresarial de aquí a moitos anos; un exemplo irracional de xestión urbanística, que por lóxica tendería a agrupar este tipo de superficies en lugar de diseminalas, causando así un impacto visual e paisaxístico maior; e un brinde ao sol dende o punto de vista económico, en plena crise financeira que, lonxe de aprenderlles aos nosos gobernantes a racionalizar os gastos, en Marín semella que lles induce a gastar máis e máis a conta do diñeiro público. Total, para crear polígonos pantasma que, como o de Nantes en Sanxenxo, ou o de Barro-Meis, están en cifras de ocupación ínfimas.

Que o Goberno local de Marín presente alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Solo Empresarial é un exercicio de hipocresía e de cinismo: primeiro, porque en varias ocasións -como quedou constancia nas hemerotecas- a alcaldesa María Ramallo supeditounos o futuro do proxecto de polígono industrial no Pornedo ao dictame da Xunta, que se acaba de pronunciar calificándoo de inviable; segundo, porque aínda estando o Pornedo catalogado como chan industrial do proxecto de PXOM, a propia alcaldesa ten comentado que esa clasificación non é inmóbil, senón que se pode modificar en función das circunstancias; terceiro, porque xa no anterior mandato a actual alcaldesa que antano estaba na oposición, lle advertía ao bipartito que había inconvintes medioambientais e técnicos que podían dificultar o proxecto de urbanización; cuarto, porque durante a súa etapa como presidenta da Autoridade Portuaria, María Ramallo tivo a posibilidade de acceder, de primeira man, aos informes técnicos que determinaron que o Pornedo se descartaba como potencial emprazamento dun porto seco, ante a pendente do terreo e a imposibilidade de achegar alí unha necesaria conexión ferroviaria.

Reiteramos, pois, que a decisión da alcaldesa de presentar un recurso ao Plan Sectorial para reclamar que o Pornedo se teña en conta nas previsións de creación de chan industrial é un xesto de cara á galería; a proba da incoherencia que, unha vez máis, os políticos desta vila, indepentendemente do seu signo, practican sen o máis mínimo pudor.

E chama a atención, non por inesperado, senón por esperpéntico, o posicionamento do ex-alcalde e voceiro socialista, Francisco Veiga. Loxicamente, Veiga vaise opoñer a que o Goberno municipal estude ou valore calquera outra opción que non sexa o Pornedo, porque o Pornedo foi a única previsión que Francisco Veiga -créndose inmensamente infalible- incluíu no proxecto de PXOM do que el se erixiu como máximo responsable e agora non lle queda outra que defendelo contra vento e marea se non quere quedar á altura do betún. Porque Veiga ignorou, sempre e en todo momento, a proposta do PP de solicitarlle ao SEPES o estudo doutra ubicación alternativa polo simple motivo de non aceptar baixo ningún concepto que prosperase unha iniciativa dos populares.

Resulta surrealista, ou directamente bochornoso, que veña Francisco Veiga a agredir de palabra, obra e omisión, o Monte Pornedo. Francisco Veiga: que se ocupa da comisión de ECONOMÍA SOSTIBLE na executiva provincial do PSOE. É como ter o raposo coidando das galiñas, pero esa clase de contradicións, por desgraza, abundan demasiado na clase política que os cidadáns temos a desgraza de soportar con resignación.

Publicado por: MontePituco | 21/01/2012

A PLATAFORMA DEFENDE O MORRAZO SOBRE O PLAN SECTORIAL

A continuación, un comunicado da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo sobre o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo congratúlase de que a Xunta de Galicia no seu Plan Sectorial de Áreas Industriais cambiase da postura inicial e agora aposte por desestimar os tres proxectos de parques industriais que afectaban ó monte Pornedo, Pastoriza e Cruz da Maceira, dentro do espazo natural protexido polas normas subsidiarias de planeamento provinciais.

O parque industrial do Pornedo, promovido polo concello de Marín cunha extensión que ronda os 300.000 m2, afectaría a un espazo de elevada fraxilidade visual, segundo o Informe de Sostibilidade Ambiental do PXOM, que tamén contempla o “valor limitante absoluto” desa zona para usos urbanísticos de tipo residencial ou industrial. Ademais, o 92% da parcela ten unha pendente superior ao 15% que a Guía de Recomendacións Técnicas para o Proxecto Integral de Parques Empresariais de Galicia recomenda non superar. No Monte Pornedo e arredores hai numerosos vestixios arqueolóxicos, como mámoas e petroglifos catalogados como Bens de Interese Cultural; uns elementos incluidos no proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, para a súa posta en valor.

Asi mesmo considera axeitada, tanto a nivel técnico como estratéxico, a proposta de que as empresas ubicadas no porto de Marín sexan reubicadas na área industrial de Pontevedra próxima ó Morrazo e perto da vía do tren. Isto ademais posibilitaría a recuperación de terreo gañado ilegalmente ó mar dentro do dominio público marítimo-terrestre e a reordenación do propio porto en beneficio do núcleo urbano de Marín.

Alén diso considera errática a persistencia a favor dos parques industriais, por parte dos distintos partidos políticos a nivel local nos concellos de Marín e Moaña, nun claro afán localista, da man da especulación empresarial dentro dun modelo de desenvolvemento claramente insustentable.

O parque industrial da Pastoriza, promovido polo concello de Marín de 1.152.021 de m2 afectaría a unha área de especial interese agroforestal e natural, preto do nacemento e áreas de ribeira do río Loira nas Gorgadas, e dun dos núcleos rurais mellor conservados do municipio marinense e da comarca, do mesmo topónimo.

O parque industrial da Cruz da Maceira, promovido polo concello de Moaña de 460.000 m2 afectaría a un terreo con grandes desniveis á beira de dous nacementos do río da Fraga, con repoboacións forestais, monte comunal, carballeiras e áreas de ribeira, e preto do bairro da Fraga, outro dos núcleos rurais mellor conservados da comarca. Foi informado desfavorablemente varias veces e apartado da aprobación definitiva do PXOM de Moaña pola propia Xunta.

A unión dos dous parques municipais como parque supramunicipal a nivel comarcal e que no seu momento a Xunta incluíu no Plan Sectorial, sería sobredimensionada e inviable xa que ademais de estar integrado dentro de solo rústico de proteción de espacios naturais a nivel provincial, con anterioridade xa se proxectou un parque comarcal en Castiñeiras entre os concellos de Cangas e Bueu, o PEIM (Parque Empresarial e Industrial do Morrazo), dunhas dimensións análogas de 1.500.000 m2 a este, e que ademais foi rebaixado posteriormente a unha terceira parte da superficie, precisamente por falla de demanda empresarial como recoñeceu a mesma Xunta a traveso de Xestur.

Tamén o faría inviable por estar en zonas que foron incendiadas con anterioridade o que imposibilitaría a súa recalificación urbanística pola Lei de Montes.

E suporía un impacto e considerable gasto económico engadido pola necesidade de viais de conexión por estrada a traveso da PO-313 Marín-Moaña, afectando coa súa ampliación os núcleos de poboación de Pardavila, Miñán, Broullón e A Paradela, proxectado no seu momento no fallido Plan Vigo Íntegra e asi mesmo rexeitado pola veciñanza.

Para rematar consideramos de irresponsable a postura de algunha formación política de Marín que tenta vincular o desenvolvemento dos parques industriais coa do PXOM municipal cando o único que fixo paralizar o citado Plan Urbanístico foi a oposición social a cinco áreas industriais propostas e unha edificabilidade moi por enriba das súas capacidades de ordenación e sustentabilidade, con centos de alegacións na súa contra ó longo destes últimos anos.

Publicado por: MontePituco | 20/01/2012

A XUNTA DE PORTAVOCES SOBRE O PLAN SECTORIAL

…Hoxe foi o día.

Publicado por: MontePituco | 19/01/2012

LEMBRANDO O QUE A AUTORIDADE PORTUARIA DIXO EN 2009

…Para taparlle a boca a quen, nestes días, pretende saber máis que todos os técnicos da Xunta xuntos (valla a redundancia). Porque non se pode ser máis LOCALISTA e curto de miras, pedindo o imposible, o máis negativo dende o punto de vista técnico e ambiental, ou o economicamente máis inviable para os tempos que corren. Para refrescarlle a memoria a quen porfía en agredir o Monte Pornedo, cuxos defensores temos argumentos abondo para seguir reivindicando a súa conservación. Para pedirlle á veciñanza marinense que non se deixe enganar con demagoxia barata.

Disque o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia é “un fraude para Marín”, segundo os “illuminati” do grupo municipal do BNG. Nada máis lonxe da realidade. O maior fraude para Marín foi a política urbanística desenvolvida polos concelleiros do BNG durante o tempo que tiveron responsabilidades de goberno no anterior mandato. E a súa actitude segue sendo fraudulenta agora na oposición, á vista da interpretación estreita, revirada e localista que fan do dictame da Xunta, que necesariamente se ten que axustar a criterios técnicos e de viabilidade económica obrigados pola orografía dos terreos estudados, e a criterios legais debido ás figuras de protección ambiental que se lle adxudicaron axeitadamente a eses terreos.

Un verdadeiro partido de esquerdas aplaudiría contar con espazos verdes no seu Concello e traballaría por mellorar a calidade destes enclaves, por incrementar o seu uso social e o desenvolvemento doutras facetas -como a forestal, a turística, ou a cultural- que repercutiran nun maior beneficio colectivo. Pola contra, o BNG marinense e os seus replicantes nas filas socialistas, adícanse a reclamar a desafección do Monte Pornedo para chantarlle un polígono industrial que é unha quimera en si mesma. Tan sinxelo como que o 92% da zona afectada ten máis do 15% da pendente recomendada para ese tipo de urbanizacións. Tan contundente como que máis da metade dese terreno ten máis do dobre do desnivel. Negar a evidencia é unha mostra incomensurable de torpeza e de incompetencia, impropia de calquera que pretenda exercer a acción política en termos de honestidade.

Por iso a auténtica responsabilidade política habería que esixirlla ao grupo municipal do BNG cando artellou aquel esperpéntico reparto de solo industrial/empresarial que sublevou a unha parte importante da veciñanza e desconcertou a outra. Total, para acabar aferrándose ao Monte Pornedo como a unha ÚNICA proposta do Concello de Marín para acomodar os sectores produtivos da vila, como quen se agarra a un cravo ardendo. Xa daquela llo advertía a voceira do PP e actual rexedora municipal, María Ramallo, cando auguraba que a Xunta lle poría inconvintes ao desenvolvemento dun polígono no Pornedo. Pero nin o BNG nin o PSOE quixeron admitilo. No fondo seguro que eran plenamente conscentes desa posibilidade máis que real, pero a consigna de ámbolos partidos era: “…ao PP e a MAR-IN, nin auga”. Por iso o ex-alcalde Fran Veiga non moveu nin un músculo para solicitarlle ao SEPES, a través do Goberno Central “amigo”, o estudo de viabilidade doutras alternativas.

Máis hemeroteca: abril de 2010, “A Consellería ponlle reparos ao polígono do Monte Pituco…”

…E así estamos como estamos. O BNG non ten ningún dereito a erguer a voz e a manipular a cidadanía coas súas pataqueiradas: dicir que Núñez Feijóo, cando era candidato á presidencia da Xunta prometeu en campaña electoral a dotación de chan industrial na zona de Pastoriza, é certo; a falacia está precisamente en laiarse de que esa infraestrutura non se vaia facer, porque o grupo municipal nacionalista, no exercicio da súa -lexítima, iso si- competencia, non quixo valorar ningún outro plantexamento que non fora esnaquizar o Monte Pornedo, situado en plena fachada da ría, nunha zona de máxima intervisibilidade segundo o Informe de Sostibilidade Ambiental do proxecto de PXOM que os propios concelleiros nacionalistas contribuiron a tramitar xunto co PSOE; un Informe que recolle expresamente a “capacidade limitante absoluta” do Monte Pornedo para acoller urbanizacións de tipo industrial. O BNG debería ter máis coidado de non quedar en evidencia amosando un comportamento tan contraditorio e surrealista: posto que a Xunta non contempla a posibilidade de autorizar a instalación dun polígono en Pastoriza, algo polo que tampouco apostaba o grupo municipal nacionalista, o que debería facer era aplaudir esa medida do PP en vez de criticala e atacala. Se nin eles mesmos se aclaran nin saben o que queren, nin como o queren, nin onde o queren…

Parafraseando a propia Pilar Blanco, tan afeccionada a “atar cabos” como a facer “pucheros” nos plenos cando as súas preguntas non obteñen a resposta ou o eco que pretende, ten bemoles que invoque os cálculos económico-financeiros e a avaliación ambiental estratéxica do proxecto de PXOM, unha avaliación ambiental que o Bloque interpreta dunha maneira moi parcial e sesgada, obviando todos os inconvintes que presenta o Monte Pornedo para ser clasificado como chan industrial. Por iso, e non por outra cousa, por obra e graza da penosa xestión do anterior bipartito en materia de ordenación do territorio marinense, e coa adhesión do PP e MAR-IN en aras dese “consenso” que tanto lles criticamos polo que respecta á incoherencia que demostraron, é polo que o planeamento urbanístico de Marín pode que siga no aire.

Fai mal en azuzar o BNG coa vara do localismo, nun claro intento de pescar en río revolto. Se os intereses de Marín, especialmente no aspecto económico, están comprometidos, eles teñen unha boa cuota de responsabilidade e a cidadanía non llo debería pasar por alto.

Alcaldesa, a Xunta xa “dictaminou” e semella que nos dá a razón… E agora, que?

Publicado por: MontePituco | 18/01/2012

CABALOS CON PEXAS, CORDAS… E CADEAS!

Dá -máis que mágoa- profunda rabia a imaxe denigrante dos cabalos no monte martirizados con artiluxios nas patas, con modelos cada cal máis cruel e revirado, á imaxe e semellanza da mente enferma e egoísta dos propietarios dese pobre gando. Hai poucos días, preto do Alto do Pornedo, atopamos unha pequena manda deles, un dos cales tiña ao redor da pezuña unha argola e os restos dunha cadea metálica que, por sorte xa rompera, polo que o animal podíase mover con máis ou menos soltura. Sen embargo, reparando máis nel, puidemos observar con auténtico arrepío que presentaba, nun dos cadrís, unha ferida mal curada que lle provocaba unha eiva ao desprazarse, e que probablemente fora provocada por unha mala caída ou polo ataque dalgún depredador que lle alcanzou, ao non poder moverse con total liberdade.

Trátase dun mal endémico contra o que cómpre loitar, e no que se deben implicar comunidades de montes, veciñanza do rural e visitantes ocasionais do monte, para que se persigan e se erradiquen estas prácticas vergoñentas, máis propias de trogloditas que de persoas racionais do século XXI.

A este respecto, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vén de denunciar esta situación cunha nota informativa que, con total adhesión e solidariedade, reproducimos a continuación.

CABALOS CON PEXAS, CADEAS E CORDAS NAS PATAS NOS MONTES DO MORRAZO

Malia as denuncias feitas nos últimos anos por colectivos ecoloxistas, pro dereito dos animais e persoas a nivel particular aínda persiste a práctica das pexas nas patas de cabalos asilvestrados en réxime de gandeiría extensiva.

No espazo natural dos Montes do Morrazo esta práctica de tortura animal que os propietarios dos cabalos utilizan para controlar a mobilidade do animal e obstaculizar así os seus movementos, segue a verse sen dificultades en Chan de Arquiña, Chan de Xestoso, Chan de Gagán, Chan de Pedras Negras ou no monte Pornedo…

Esta práctica de tortura produce en moitas ocasións malformacións e roturas das extremidades nos cabalos afectados. Asi mesmo a escasa mobilidade e obstaculización nos movementos dos animais provoca en moitos casos a morte do propio animal por atropelos en accidentes viarios, chegando a convertirse nunha trampa mortal en caso de incendio forestal como sucedeu na vaga de lumes do 2006.

Por outra banda estes métodos son ilegais xa que van en contra da Declaración Universal dos Dereitos do Animal aprobada pola UNESCO e a ONU, infrinxindo flagrantemente tamén a Directiva 98/58/CE a nivel europeo e o R.D. 348/2000 a nivel estatal, relativos á protección do animal nas explotacións gandeiras.

Os cabalos teñen unha función ecolóxica moi importante no medio natural, formando parte como especie autóctona da súa biodiversidade e sendo auténticos desbrozadores e abonadores naturais do solo, feito polo que na Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo estamos a favor da súa presenza nos Montes do Morrazo, mais opoñémonos ás prácticas de tortura animal mencionadas.

Aínda que a responsabilidade destes maltratos recae directamente nos propietarios, consideramos que as administracións públicas competentes, concellos e principalmente a Xunta, non deberan tolerar nin ser permisivas con estas prácticas ilegais perseguindo e multando a aqueles propietarios e abolindo de maneira definitiva este tipo de prácticas cara ós cabalos.

Publicado por: MontePituco | 17/01/2012

E A VER SE O ‘DIARIO’ CAMBIA DE FOTO…

Mirade que hai neste blog fotos ben bonitas do Pornedo: do miradoiro dende o que se contempla toda a ría, dos gravados rupestres, vistas do monte cara ao interior da bisbarra… E cada vez que o Diario de Pontevedra pasa por esta páxina para publicar algunha información na páxina local, sempre a ilustra coa mesma imaxe, tomada dende o medio e medio da pista cara o alto dun penedo, enfocando un poste horroroso do tendido eléctrico, como se non houbera nada máis que fotografar! A ver se na próxima conseguimos que diversifique o arquivo gráfico.

Publicado por: MontePituco | 16/01/2012

O CONCELLO ACTÚA, DEFENDE O MONTE PITUCO TAMÉN

Publicado por: MontePituco | 15/01/2012

ROTEIROS DO ESPAZO ‘SETE CAMIÑOS’

 

“A oposición está indignada, quen a desindignará, o desindignador que a desindigne, bo desindignador será”

Tralo pleno municipal deste pasado venres, os grupos municipais do PSOE e do BNG están arestora tirando de axenda para quentarlle o tarro aos empresarios marinenses e convencelos, aínda que só sexa por aburrimento, de que a “decisión” (entre aspas, posto que non se trata dunha medida definitiva) da Xunta de non considerar o Monte Pituco como potencial ubicación dun parque industrial pola súa “baixa puntuación”, é un insulto, un agravio e un atentado contra os intereses da vila.

“Claramente discriminan a Marín y van a producir un rápido deterioro de nuestras perspectivas de futuro, por lo que nosotros solicitamos un rechazo absoluto a esta decisión y una reunión urgente con la Xunta”, proferiu o voceiro socialista, Francisco Veiga, no seu correctísimo castelán de Castela. O seu homólogo nacionalista, Xosé María Vilaboa, reclamou a convocatoria da comisión informativa correspondente para analizar a situación. En representación de Marinenses Independentes, Isabel Martínez Epifanio volveu facer fincapé na posibilidade de artellar unha proposta de desenvolvemento industrial compartida co veciño concello de Moaña. Pola súa banda, a alcaldesa María Ramallo anunciou que a principios desta semana se reunirían as partes interesadas para estudar a posibilidade de elaborar alegacións.

Non é normal que unha Administración pública se revolva para desprotexer un espazo natural protexido. Para que se crean entón as figuras legais de protección ambiental, para usalas a comenencia? No ámbito dos Montes do Morrazo, o Monte Pornedo merece o respecto que un día lle outorgaron as Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento polas razóns que insistentemente vimos reiterando: a súa ubicación, en plena fachada da ría; as súas condicións orográficas, pola pendente accidentada do terreo; a riqueza da fauna e da flora do contorno; a presenza de elementos arqueolóxicos e etnográficos de indubidable valor histórico e cultural…

En vez de aproveitar todas estas condicións privilexiadas, hai representantes políticos que, como Veiga e Vilaboa, están empeñados en esnaquizar o Monte Pornedo, construir unha pantalla de formigón e asfalto no balcón da ría, para maior gloria da súa torpe estreitez de miras.

Pola contra, hai persoas e colectivos sociais que son sensibles coa protección do patrimonio material e inmaterial, que avogan por unha xestión sostible dos recursos forestais da zona, que confían no seu potencial turístico e cultural como fonte inesgotable de desenvolvemento económico, como unha enerxía renovable que sempre vai estar xerando beneficios, a diferenza do que representa converter o Monte Pornedo nunha chaira de naves que tan pronto poden estar cheas como absolutamente baleiras: pan para hoxe e fame para mañá.

A comisión técnica que traballa a prol da posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños leva dous anos deseñando estratexias de posta en valor do Monte Pornedo, do Monte Catadoiro e dos Sete Camiños, estudando como enlazar este contorno coa Lagoa de Castiñeiras e co complexo rupestre de Chan da Armada e Chan da Arquiña. Froito dese traballo, son os roteiros expostos no documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”, que -con tanto éxito de público e de crítica- se presentou esta semana no Teatro Principal. A cidadanía marinense xa ten motivos abondo para deixar de mirar ao chan, para virar as costas e comezar a ollar cara ao monte, que antano foi o medio de supervivencia de moitas familias.

* ENTREVISTA EN RADIOFUSIÓN SOBRE O ESPAZO SETE CAMIÑOS

   Pincha na seguinte ligazón: AUDIO DA ENTREVISTA no blog Á Sombra de Bouza Panda.

“…É a zona de maior riqueza arqueolóxica do contorno, trátase dun espazo de dimensións reducidas, polo que resulta máis fácil de pór en valor e facer un roteiro arqueolóxico. Posúe restos de canteiras, valados, penedos figurativos e lendas asociadas ao entorno, ademais do seu valor paisaxístico, constituíndo unha verdadeira atalaia sobre a ría de Pontevedra”.

“…A repoboación de eucalipto, a variante de Marín, a liña de alta tensión, a franxa de seguridade da Brilat, o risco de instalación dun parque industrial. A pesar da súa riqueza, non é dos lugares mellor tratados”.

(Rafael Quintía, economista e antropólogo, codirector e coguionista do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”).

* ENTREVISTA NO PROGRAMA “SOMOS QUEN” DA RADIO GALEGA

   Pincha na seguinte ligazón: AUDIO DA ENTREVISTA na páxina da Sociedade Antropolóxica Galega

“…Levamos dous anos co proxecto, informando das ameazas que lle afectan ao lugar e serían incompatibles co proxecto, como a instalación dun parque industrial no contorno duns petroglifos ou a ampliación da base militar, para vencer localismos e converter o espazo nun referente turístico”.

(Rafael Quintía, economista e antropólogo, codirector e coguionista do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”).

Publicado por: MontePituco | 14/01/2012

EXITAZO DA ESTREA DO DOCUMENTAL ‘SETE CAMIÑOS’

A resposta do público foi espectacular, a estrea do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo” celebrouse nun ambiente fantástico e os aplausos ao rematar a proxección foron a proba inequívoca da satisfacción e das expectativas cumpridas. O Teatro Principal presentaba un cheo absoluto, cos asentos practicamente ocupados ao 100% na parte inferior, polo que tamén houbo que habilitar o acceso ao palco superior para acomodar a xente que seguía chegando.

Moitas grazas a todas as persoas que nos acompañaron: de maneira especial, a Lucinda Montenegro, irmá do noso admirado Xan, xa que o documental está adicado á súa memoria; aos representantes da Asociación de Veciños de San Xulián; aos veciños do lugar de Caeiro e doutros puntos da parroquia que tamén se sumaron a este acto. Grazas ao presidente do Ateneo Santa Cecilia polo seu apoio; aos rapaces e rapazas da Asociación Cultural Almuinha e de Revira por estar tamén aí; aos directivos das comunidades de montes veciñas de Lourizán e de Salcedo, e ao presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, facendo patente o apoio desta entidade ao proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Non faltaron dirixentes municipais dos concellos de Pontevedra e de Vilaboa; representantes de asociacións sociais, culturais, ambientais e veciñais como Heroes do Campo da Porta ou Vaipolorío; profesionais da arqueoloxía vencellados ás Administracións local e provincial, e á Escola de Restauración, entre os que destacamos o marinense Álvaro Arizaga…

E moitos amigos e amigas, coñecidos e descoñecidos, que atenderon o chamamento da comisión técnica do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ou que souberon da presentación a través da ampla e xenerosa cobertura informativa que os medios de comunicación lle deron a este acto.

Un agradecemento máis aos compañeiros da comisión técnica do proxecto Sete Camiños polo seu traballo ao longo destes últimos dous anos; un traballo que se vén de materializar neste documental, coproducido pola Sociedade Antropolóxica Galega e por Faro de Ons Producións, coa colaboración desinteresada de moitas persoas sensibles co patrimonio natural e histórico.

“Sete Camiños: encrucillada do tempo” presentarase en próximas datas en Marín e mais en Vilaboa. Organizaranse andainas ao espazo e charlas informativas para dar a coñecer a riqueza desta zona, para concienciar da necesidade de preservalo fronte ás circunstancias adversas que o ameazan, para poñelo en valor. Seguiremos informando.

MÁIS INFORMACIÓN:

-Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

-Sociedade Antropolóxica Galega

Publicado por: MontePituco | 13/01/2012

‘SETE CAMIÑOS’, REPORTAXE NO DIARIO DE PONTEVEDRA

Publicado por: MontePituco | 13/01/2012

O MONTE PITUCO… SALVADO?


Publicado por: MontePituco | 12/01/2012

600 ARTIGOS, 35.000 VISITAS

…Para todo isto e máis dan dous anos de traballo.

Moitísimas GRAZAS por seguirnos.

 

Publicado por: MontePituco | 11/01/2012

TRAILER DE ‘SETE CAMIÑOS: ENCRUCILLADA DO TEMPO’

 

Este é o trailer do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”, que se presenta este venres ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra. É unha iniciativa da comisión técnica promotora do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, coproducida pola Sociedade Antropolóxica Galega e Faro de Ons Producións.

SINOPSE:

O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños pretende revalorizar o importante e rico patrimonio natural, cultural e paisaxístico do contorno dos Sete Camiños, o Monte do Pornedo e o Monte do Catadoiro. Este enclave conforma unha unidade física que abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán, en Pontevedra, e de San Xulián, en Marín.

O documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo” ponlle voz e imaxes a un proxecto que aposta por implantar unha nova estratexia colectiva enfocada á xestión sostible dos nosos montes e recursos, á conservación e á posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial, cunha visión a longo prazo para garantirlle unha digna herdanza natural e cultural ás xeracións vindeiras. A creación deste espazo natural e arqueolóxico, co seu enorme potencial forestal e turístico, consolidaría un futuro viable para os nosos montes e a nosa cultura.

FICHA ARTÍSTICA:

Guión e dirección: Rafael Quintía e Lukas Santiago

Realización: Lukas Santiago e João Bieites

FICHA TÉCNICA:

Produtoras: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e Faro de Ons Producións.

Subvención ou axuda pública: Ningunha.

Título orixinal: “Sete Camiños. Encrucillada do tempo”.

Tipo: Documental. Produción propia realizada en color.

Xénero: Arqueolóxico, etnográfico e social.

Ano: 2011.

Duración: 43 minutos aprox.

Orixe: Galicia.

Idioma da versión orixinal: Galego.

Ademais deste amplo artigo na edición de Pontevedra de La Voz de Galicia, tamén a axencia Europa Press publicou unha información sobre o proxecto de creación do Espazo Sete Camiños e o documental “Encrucillada do tempo”.

Publicado por: MontePituco | 10/01/2012

ÉXITO NA DIFUSIÓN DA ESTREA DO DOCUMENTAL NOS MEDIOS

Os medios de comunicación, tanto a nivel local como de ámbito autonómico, impresos e dixitais, están informando da presentación do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”.

No Faro de Vigo: “Sete Camiños, un patrimonio natural, paisajístico y cultural“.

Son moitos os blogs que, ademais de DEFENDE O MONTE PITUCO, tamén se fan eco desta nova. Empezando pola bitácora do codirector e guionista do documental, Rafa Quintía, na páxina “Á sombra de Bouza Panda“.

A través do noso perfil en Facebook, temos noticia de que María vén de compartir a información no seu “Rincón fotográfico“.

Ademais, colaboran na promoción da estrea os colectivos que apoian a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, como o Colectivo Nacionalista de Marín, a Asociación Cultural Almuinha, ou a Plataforma Praza dos Placeres. E non podía faltar nesta ocasión o respaldo da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

A recén creada Sociedade Galega de Antropoloxía, que coproduce o documental, tamén destaca na súa páxina web o lanzamento do documental que contribúe a producir.

Outras páxinas de rango supralocal, como Noticias de Galicia, recollen a nova no seu menú informativo, contribuíndo á difusión do proxecto e do espazo fóra das bisbarras de Pontevedra e do Morrazo. Cómpre destacar, polo importante número de seguidores que ten, que a axenda da web CulturaGalega.org inclúe o acto na axenda de actividades deste venres. E, a maiores, o Soportal do Audiovisual Galego xa ofrece a ficha técnica e descritiva do documental.

A calidade da imaxe é mellorable, pero suficiente para percibir o material informativo que se exhibe no tablón de anuncios situado no recibidor da Casa de Cultura de San Xulián: un cartel coas actividades que realiza a Asociación Cultural Airiños de San Xulián nestas instalacións, cartaces que anuncian a escola de baile tradicional, cursos de coiro e de teatro, un plano requetevisto indicando o alcance das diversas franxas de seguridade da Brilat, outro cartelón requeterreseso co calendario de actividades da Casa de Cultura o pasado mes de decembro de 2011, un anuncio ben xeitoso do partido de fútbol no estadio de San Pedro…

…Non me digan que no medio dese batiburrillo de anuncios, uns aínda vixentes, pero outros sobradamente caducados e susceptibles de seren retirados para poñer outros de interese para os comuneiros da parroquia, non cabe a invitación da estrea do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”, que se celebra este venres día 13 ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Con esa inocente intención presentámonos este fin de semana na Casa de Cultura e pedimos permiso para poñer o noso modesto cartaz. Unha camareira do bar indícanos amablemente que non ten acceso á chave que abre o cristal tralo cal está o panel, pero que se o pegamos fóra, máis tarde o poñerá a persoa responsable desa tarefa.

Dous días despois descubrimos con decepción, mais non con sorpresa, que o cartaz dos Sete Camiños non está nin dentro do tablón acristalado, nin fóra, onde o deixaramos pegado. Se pediramos que nos amosaran o cubo do lixo, moi probablemente o papel estivera alí, feito un gurruño. Preguntámoslle á camareira -unha das tres que atenten a taberna- pola persoa responsable de conceder ou denegar eses “permisos”, e guíanos ata a primeira porta á esquerda no primeiro andar do edificio.

Atopámonos un taller de costura -do cal non hai noticia nos anuncios situados no tablón do piso inferior- e a directiva da Comunidade de Montes que está ao cargo responde que no panel só está permitido poñer anuncios “internos” referentes ás actividades que se realizan na Casa de Cultura. Intentando razoar, coméntaselle que o documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo” trata sobre asuntos de interese para os comuneiros da zona, posto que o espazo abarca os montes de Salcedo, Lourizán, Vilaboa e, por suposto, San Xulián.

Non lle parece razón abondo e volve insistir en que “son as normas da casa”. E onde están escritas?, pregúntaselle. Daquela a súa contestación, de forma un tanto airada, é: “…mira que es difícil!”. Que foi como dicir ‘porque o digo eu’, porque o regulamento da Casa da Cultura de San Xulián non está exposto publicamente en ningures, nin se lembra que fora proposto en ningunha asemblea de comuneiros. Haberá unhas normas de “convivencia” lóxicas para os usuarios habituais das instalacións con motivo da celebración de actividades formativas ou lúdicas, no referente ao coidado e bo mantemento das instalacións, pero non parece de recibo que se rexeite a colocación do anuncio dunha actividade concernente aos montes da parroquia, por máis que a Comunidade de Montes non teña que ver coa convocatoria.

A única alternativa que se nos dá é poñer o anuncio nun tablón de madeira que hai fóra, a varios metros da Casa de Cultura, a carón da beirarrúa. Para iso non cómpre pedirlle permiso aos directivos da Casa de Montes nin argumentar o interese da actividade, porque non deixa de ser un panel de madeira, á intemperie, co anuncio exposto a unha ráfaga de vento, á humidade, e ás mans desaprensivas e perversas empeñadas en que non se publicite unha actividade que non conta co apoio da Comunidade de Montes de San Xulián, a diferenza das Comunidades de Montes de Lourizán, de Salcedo e de Vilaboa, que levan dous anos apoiando o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Noutras casas de Cultura dentro deste Concello son benvidos os cartaces, os folletos e os anuncios de actividades sociais e culturais que se promovan na vila ou que teñan Marín como parte implicada. Na Casa de Cultura de Seixo, na Casa de Cultura de San Tomé, todo son facilidades: lembremos o caso de Samaín, o grupo de rock ao que pertence un mozo de San Xulián, e ao que a directiva da Comunidade de Montes lle negou a posibilidade de ensaiar co resto da banda nunha das salas da Casa de Cultura da parroquia, polo que acabaron trasladándose a Seixo, onde lles abriron as portas de par en par.

Antes de abandoar a Casa de Montes de San Xulián, dando por imposible o razoamento con quen nos impide poñer o cartaz dos Sete Camiños, deixamos caer unha oportuna observación: se no panel acristalado só teñen cabida as actividades internas, que fai o aviso do partido de fútbol do domingo pasado no campo de San Pedro? “Está mal posto, e xa o retiro agora”, resposta a “xefa” do tenderete. “Non muller, por nós non o quites”, contestáselle xa, escaleiras abaixo, pensando en que, se cumpre o que di, vai quedar aínda máis espazo baleiro. Por nós, que non prive aos parroquianos de teren ben seco e planchadiño o seu anuncio do partido de turno, mentres outras actividades de tanto ou máis interese para os intereses (valla a redundancia) e para a información dos comuneiros, se teñen que anunciar precariamente nun pedazo de madeira, chova, vente, ou faga sol.

Saímos do edificio e volvemos a vista atrás. A carón da porta da entrada, con letras de metal en relevo, dúas palabras: “Centro Cultural” de San Xulián.

…Perdón, centro que…?

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o vindeiro venres 13 de xaneiro, a partir das 20:30 horas e con entrada libre, a ESTREA DO DOCUMENTAL “SETE CAMIÑOS: ENCRUCILLADA DO TEMPO”, creado para poñer en valor o importante patrimonio natural, cultural e paisaxístico do contorno dos Sete Camiños, situado nunha estribación da serra de Domaio entre os concellos de Pontevedra, Marín e Vilaboa.

“Sete Camiños: encrucillada do tempo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións. O arqueólogo e realizador Lukas Santiago e mais o antropólogo e economista Rafa Quintía, son os responsables do guión e da dirección deste traballo audiovisual, que tamén conta con João Bieites na realización técnica.

Ao longo de 45 minutos e a base de fermosas imaxes panorámicas ou detalles da xeografía física do espazo, o documental xustifica a necesidade de conservar as mámoas e os numerosos petroglifos existentes no contorno dos Sete Camiños, do Monte Pornedo e do Monte Catadoiro; de visibilizar os vestixios etnográficos que -como restos de antigas canteiras- tamén destacan na zona; e de potenciar os elementos naturais de interese, entre os que destacan miradoiros ou formacións rochosas singulares.

Pero tamén alerta das ameazas que destruirían un legado que forma unha unidade natural que abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán en Pontevedra, e de San Xulián, en Marín, e que merece ser aproveitado de forma sostible a nivel social e económico.

APOIO DE DIVERSOS COLECTIVOS

O proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños conta co apoio dunha vintena de colectivos da bisbarra. O documental que se estrea o 13 de xaneiro ponlle voz e imaxes a un ambicioso proxecto que supón unha estratexia colectiva na súa aposta pola xestión racional dos montes e dos recursos forestais, pola recuperación e revalorización do patrimonio material e inmaterial, e por unha visión a longo prazo que garanta unha digna herdanza natural e cultural para as xeracións futuras.

En canto á SAGA, é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que traballa na investigación e na divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional tanto material como inmaterial, e de todos os aspectos no eido da antropoloxía social e cultural. Tamén promove as actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego.

Publicado por: MontePituco | 30/12/2011

SEIS MESES SEN XAN

 

É o primeiro Nadal sen Xan. Van seis meses dende que botamos de menos a súa presenza, a súa conversa. A súa adorable familia segue facéndonolo moi presente. Recibimos nestas datas unha fotografía súa, a carón do mar; unha estampa plácida da súa cotidianeidade, lendo o xornal. No reverso do sobre, unhas palabras que, aínda que non son do seu puño e letra, emociónannos tanto ou máis que se as escribira el. A imaxe vén no interior dun sobre cun lema reivindicativo: “O monte non se vende”.

Dalgún xeito, onde sexa que estea, a súa lembranza inspira estas palabras de alento que en DEFENDE O MONTE PITUCO agradecemos moi fondamente.

…Feliz Aninovo, Xan, amigo. Todo o agarimo para a familia Montenegro.

Publicado por: MontePituco | 29/12/2011

FADA DA MONTAÑA, DE R. CABANILLAS

Eu son a Fada que vive

na largura montesía,

tendo ós meus pés a campía

…e o ceo como dosel;

e coido as frores do toxo

e os carrascos recendentes

onde as abellas firentes

veñen a chuchar o mel.

Érgome ó romper o día

e rezo ó pé dos cruceiros

e sei falar cos luceiros

na dozura do serán,

e vixío as ovelliñas

que apastan polas valgadas

sin medo a ser axexadas

dos dentes do lobicán.

Eu poño no bo camiño

os que no escuro da noite

sin que ninguén os escoite

non saben por onde ir,

e eu acocho entre os penedos

os que na choiva e no vento

chegan tristes, sin alento,

nun atolado fuxir.

Santo Rei, a miña oferta

é este añiño ventureiro

ó que un lobo carniceiro

quixo no monte roubar,

e prégoche teu amparo

ós que coa alma ferida

van a escuras pola vida,

sin acougo nin fogar.

Ramón Cabanillas, “OFRENDA DAS FADAS NO PORTAL DE BELÉN”.

Publicado por: MontePituco | 28/12/2011

ERASMO ‘ZÚRRALLE’ Á COMUNIDADE DE MONTES

O Foro “Rurales y urbanitas” da web Marinenses.com volve ser o escenario no que Erasmo, unha vez máis, se posiciona a prol da conservación do Monte Pornedo. A tramitación do PXOM e a ubicación do chan industrial seguen verquendo ríos de tinta. Mais, desta volta, Erasmo carga contra a directiva da Comunidade de Montes de San Xulián polo seu empeño irracional en “vender” de mala maneira o patrimonio da parroquia.

A continuación, o artigo completo:

SIN PRISAS, PERO SIN PAUSA

Nos cuenta Baltasar Gracián en uno de sus aforismos sobre “El arte de la prudencia” que el saber y el valor contribuyen conjuntamente a la grandeza. No diré yo, desde que fue elegida, que nuestra alcaldesa, María Ramallo, no se ha regido por la prudencia. Al contrario. En los últimos siete meses su mandato, al igual que el de todo su equipo de gobierno, se ha caracterizado por poner orden en las cuentas del Concello, como labor prioritaria, y por desatascar, sin llegar a la excelencia, algunos procesos como el del Plan Arela o el PXOM, ambos en marcha pero sin culminar. Daremos tiempo al tiempo porque ambos proyectos lo requieren. Pero una cosa es dar tiempo y otra hacer las cosas sin prisas, pero sin pausa.

El último pleno, que fue de guante blanco, tuvo una intervención, en mi opinión, ciertamente importante. Partió de la única oposición clarividente, concretamente de Isabel Martínez, de Mar-In, que le pidió a la alcaldesa que siguiera de cerca el anuncio efectuado el pasado miércoles por el conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, conjuntamente con el presidente de la Xunta, Alberto Núñez, sobre la incidencia supramunicipal del Plan Sectorial de Áreas Empresariales de Galicia. En resumen, este plan prevé aumentar hasta 42,7 millones de metros cuadrados los 19 millones de metros cuadrados de suelo industrial que ahora existen en Galicia. La Xunta prevé poner en marcha otros 119 parques empresariales hasta el año 2024 con una inversión de 2.500 millones de euros. Una vez declarada la incidencia supramunicipal, el plan será sometido a exposición pública durante un plazo de dos meses y su aprobación definitiva está prevista para después del verano de 2012. El único límite que pone la Xunta es que cualquier parque empresarial se pondrá en marcha siempre que haya un mínimo del 30% de demanda de suelo.

La pregunta de la concejala Martínez Epifanio no es solo oportuna, sino vital para el futuro económico de Marín. Y aunque las cosas de palacio suelen ir despacio, en este tema la prioridad es absoluta porque, ciertamente, nos jugamos mucho los marinenses. Nada menos que nuestro futuro y el de las próximas generaciones.

La solución a la demanda de suelo industrial en Marín ha estado carente de miras en las últimas décadas, bien por negligencia, bien por desconocimiento, bien por ambas a la vez. Desgraciadamente, no ha habido políticos en Marín que pudieran solucionar este problema, lo que ha llevado a deslocalizar algunas empresas originarias de nuestra comarca hacia otras zonas más alejadas, e impedido que vengan otras de afuera, con lo que esto supone de empobrecimiento económico y humano.

QUE A ESTAS ALTURAS AÚN SE CONTEMPLE EN EL PXOM QUE SE ESTÁ TRAMITANDO LA INSTALACIÓN DE UN PARQUE EMPRESARIAL EN MONTE PORNEDO, CON LAS LIMITACIONES QUE ESO CONLLEVA, ES UN AUTÉNTICO DESPROPÓSITO. Entiendo la prudencia de nuestra alcaldesa que en su día se comprometió con socialistas y nacionalistas para desatascar el PXOM intercambiando Monte Pornedo por A Brea y Macenlle. Pero tres años después de aquel puente de plata que la entonces oposición popular tendió al gobierno bipartito, ahora no tiene lugar. Muchas cosas trascendentales han pasado desde entonces. Lo primero, que aquel PXOM estaba condicionado a que en el gobierno de la Xunta hubiera otro bipartito -cosa que no sucedió- y, en segundo lugar, que fue el propio Núñez Feijoo, en plena campaña electoral, quien comprometió su palabra al señalar Pastoriza o en sus alrededores la instalación del futuro parque empresarial de Marín. Por medio hubo también un plan de estudio que pudo haber realizado la Sociedad Española de Parques Empresariales (Sepes), auspiciado por la entonces diputada en el Congreso María Ramallo con el apoyo explícito de Ana Pastor y de la comisión correspondiente de la Cámara Baja, que nunca se hizo por la cabezonería del ex alcalde Fran Veiga, y unas elecciones municipales en las que el PP arrasó en Marín.

POR LO TANTO, LOS POPULARES TIENEN MUCHO QUE DECIR EN ESTO. LO TIENEN QUE DECIR TODO POR MUCHO QUE ALGUNOS DE SUS MILITANTES DE SAN XULIÁN -CONTRA CORRIENTE EN EL PARTIDO Y CONTRA TODOS LOS PRINCIPIOS DE UNA ECONOMÍA DE ESCALA- CREAN QUE PUEDEN VENDER SUS TERRENOS A PRECIO DE ORO -ESO PIENSAN ELLOS- EN ARAS DE INTERESES PARTICULARES, PERO NO PARA TODA LA COMARCA DE MARÍN. Y en esas estamos ahora. Por mucho que quieran vestir el muñeco con el prudente silencio, en un asunto de tanto calado y de tanta trascendencia como es este, no vale aquello de “donde dije digo, dije Diego”. No le vale, por tanto, al PP decir otra cosa a la que se comprometió públicamente con todo el pueblo de Marín. Pastoriza o sus alrededores son la solución para un parque supramunicipal en Marín haciendo economía de escala con Moaña. Las posibilidades de construir aquí suman 1,2 millones de metros cuadrados y no los exiguos 250.000 o 300.000 metros cuadrados útiles de Monte Pornedo, ello sin tener en cuenta la orografía ni los ricos yacimientos culturales que tiene la zona. Sabemos que la Xunta va a apostar por desarrollar el de Castiñeiras entre Bueu y Cangas. Nosotros no podemos quedar al margen de ese desarrollo futuro en la Península del Morrazo, máxime cuando tenemos la gran empresa de la Ría como es el Puerto de Marín.

Pero una gran empresa como es el Puerto de Marín no significa nada si no espabila en su gestión. Galicia necesita replantearse en serio su política con el Estado sobre los puertos de interés general. Cómo es posible que la media de crecimiento de mercancías sea en todo el Estado del 5% en los diez primeros meses de este año cuando en Galicia hemos crecido un exiguo 0,5%. El caso de Marín es hasta preocupante puesto que no solo creció sino que disminuyó un -6,65%, más que ningún otro puerto de interés general. Y esto sucede en un año donde las exportaciones españolas al exterior aumentaron un 5,4%. Por el contrario y a nuestro favor, el umbral de rentabilidad sobre fondos propios (capital más reservas) del Puerto de Marín alcanzó el 3,07%, cuando la media para el conjunto de los 28 puertos del Estado fue del 2,42% en el primer semestre, cifra que está incluso por debajo de lo que pide la Ley General de Puertos, que establece un mínimo del 2,5%.

¿Pero tenemos los mimbres para crecer? Claro que sí. Los expertos señalan, sin embargo, los siguientes retos: falta de especialización en cada uno de los puertos; carencia de sistemas de transporte intermodal; falta de conexión por ferrocarril y carencia de plataformas logísticas cercanas a los muelles. Por lo tanto, queda mucho todavía por hacer. Pero el Puerto de Marín no es ajeno a los nubarrones que se ciernen sobre sus muelles. La instalación ilegal de empresas es un problema, como lo es la sentencia que declara ilegales los rellenos en la zona de Placeres. De ahí, en gran medida, la solución de suelo industrial fuera del recinto portuario. El que hay en el Puerto, además de escaso es caro y, por si fuera poco, en parte es ilegal.

Termino ya con una referencia al Plan Arela. Me ha llamado la atención la intervención en el último pleno del concejal Muradas –-o leo en Faro de Vigo-, sobre su requerimiento de vigilancia hacia el material que se emplea en las obras por parte de la empresa Antalsis. Ahora se acuerda Muradas de qué es Antalsis -empresa de la que ya hemos comentado en este foro sus cercanías con el ministro de Fomento en funciones, José Blanco- a la que por cierto fue el bipartito el que dio la concesión de las obras. Hace bien el concejal Muradas en pedir una reunión de portavoces para tomar una decisión unánime frente a las supuestas irregularidades de esta obra –en su día ya les comenté que Antalsis le estaba echando un pulso al Ayuntamiento-, pero haría mejor el señor Muradas si, además de buscar el consenso en la comisión, le pidiera al señor Luis Vilariño, presidente de la citada empresa, y en la órbita del PSOE, que dejara de tocar las narices a todos los marinenses y se ajustara a lo que se comprometió por contrato.

A mí esto del Plan Arela me suena bastante mal. Y no lo digo solo por el incumplimiento de Antalsis. Lo digo, sobre todo, porque sin ser una obra faraónica -por ahora-, nos puede costar un riñón a todos los marinenses, sobre todo en intereses de deuda. El Ayuntamiento no tiene mucho dinero que digamos, aunque sí lo suficiente para ir tirando y pagar el gasto corriente, que no es poco. El Plan Arela es una obra con ayudas de los fondos europeos, pero para seguir con dicho plan hay que adelantar 4 millones de euros y esto tiene que ocurrir en el ejercicio 2012. ¿De dónde los va a sacar el Concello con la limitación de crédito que existe en los mercados? Aquí ya no se presta a nadie y encontrar un mirlo blanco y más entre las entidades financieras se me antoja harto difícil. Hay ayuntamientos españoles que en iguales circunstancias están renunciando a sus “planes arelas” por falta de dinero y por no endeudarse más aunque tengan la promesa de que al cabo de unos años lo van a recibir. En fin, ya se nos despejarán estas dudas porque para eso está el gobierno municipal, para gobernar. Retomo otra vez a Baltasar Gracián y su arte de la prudencia cuando dice: “Es útil y cuerdo ahorrarse disgustos. La prudencia evita muchos, es la Lucina del éxito y, por eso, también del contento. No hay que dar malas noticias, y menos aún recibirlas; deben tener prohibida la entrada, a no ser la del remedio…”.

Feliz semana a todos. Es su turno.

P.D.: Lucina es la diosa del parto entre los antiguos romanos.

Publicado por: MontePituco | 27/12/2011

NACE A SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA (SAGA)

O panorama da nosa cultura conta, dende hai uns meses, cun novo colectivo que está dando os seus primeiros pasos: a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Os seus obxetivos son “por unha banda, a investigación e a divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional —tanto material como inmaterial— e de todos os aspectos incluidos dentro do campo da antropoloxía social e cultural; e por outra banda, a promoción de todas aquelas actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego”.

O antropólogo e economista Rafael Quintía, habitual protagonista nas páxinas deste blog pola súa pertenza á comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, é un dos promotores de SAGA, que na súa directiva tamén conta co profesor de Educación Plástica e especialista en Audiovisuais, João Bieites; co etnógrafo Miguel Losada; co licenciado en Belas Artes e restaurador de arte Francisco Sutil; e co arqueólogo e realizador audiovisual Lukas Santiago, outro dos artífices do proxecto Sete Camiños.

Explica Rafa Quintía no seu blog Á sombra de Bouza Panda, que a asociación cultural SAGA “conta coa colaboración dun amplo número de profesionais das distintas áreas que abrangue o proxecto” e que ao abeiro de SAGA “reúnense antropólogos, etnógrafos, arqueólogos, historiadores, filólogos, artistas plásticos, técnicos en audiovisual, músicos e moitos outros colaboradores comprometidos coa aventura cultural e social” que pilota esta entidade.

Entre os proxectos que leva a cabo a Sociedade Antropolóxica Galega destacan:

•A publicación trimestral do boletín informativo da sociedade, “Caderno de campo”. Unha publicación gratuita e de descarga libre na web http://www.antropoloxiagalega.org

•A edición e publicación do anuario “Fol de Veleno. Revista de Antropoloxía e Historia de Galiza”.

•A edición da colección “Cadernos etnográficos·, na que se publicarán traballos monográficos sobre distintos aspectos da etnografía e da arqueoloxía galega.

•A realización de documentais e doutros traballos audiovisuais que permitan divulgar os tesouros do patrimonio material e inmaterial da cultura galega. Nestes momentos, a SAGA ten producidos os seguintes documentais: “Sete Camiños, encrucillada do tempo”, “Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” e “Metoca”.

•A organización das xornadas anuais da SAGA sobre antropoloxía galega.

•O desenvolvemento de proxectos de investigación, de divulgación e de posta en valor do patrimonio, como o proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ou a creación do Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega (AAANGA).

A SAGA está embarcada en todos estes proxectos, especialmente -como parte da comisión técnica- no proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, do que este próximo mes de xaneiro vaise estrear o documental “Sete Camiños, encrucillada do tempo”.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) vaia todo noso apoio á SAGA, con desexos ferventes de éxito para as súas iniciativas. Cómpre en Galicia un colectivo multidisciplinar coma este, formado por profesionais con traxectoria e criterio, comprometidos coa protección do patrimonio e da cultura nestes tempos difíciles que corren. O Monte Pornedo felicítase porque ten, na SAGA, un aliado máis, un aliado forte, na súa conservación. Parabéns, e adiante!

Publicado por: MontePituco | 26/12/2011

ENÉSIMO REXEITAMENTO ÁS MOTOS NO PORNEDO

Hai motoristas que non respectan o básico, que obran ao seu antollo e, por riba, cando se lles pide amablemente que non circulen polo Alto do Pornedo porque hai un sinal perfectamente claro instalado pola Comunidade de Montes de San Xulián prohibindo esa actividade, tómano a mal, despotrican e marchan -no mellor dos casos- a regañadentes. Este fin de semana volveron aparecer rodadas, seis meses despois da colocación do panel informativo pertinente na entrada a esa zona. Puntualmente presentábase algún piloto, polas marcas que se vían no sendeiro; “típica” travesura de xente nova que, sin a mínima equipación básica, tomaba a incursión máis como un desafío que como unha acción a mantenta para exercitarse co vehículo. Pero as rodadas que ilustran este artigo demostran que a motocicleta pasou unha, dúas, varias veces polo “antigo” itinerario do circuito ilegal que tanto custou erradicar, coa intervención do Seprona e a colaboración -máis vale tarde que nunca- da comunidade de montes.

É intolerable que os motores volvan ocupar o Pornedo. Ningún piloto no seu san xuízo pode atreverse a insinuar un despiste, ou simular sufrir un caso -digno de estudo científico- de analfabetismo repentino e transitorio, para rodar por este monte. Cómpre lembrarlles por que: o punto 2 do artigo 54.bis la Lei de Montes di que “a circulación con vehículos a motor por pistas forestais situadas fóra da rede de estradas quedará limitada ás servidumes de paso ás que houbera lugar, á xestión agroforestal e ás labores de vixiancia e de extinción das Administracións Públicas competentes”. Por tanto, as motos de uso deportivo, como as que frecuentan esta zona, literalmente sobran; só poden circular polas pistas habilitadas e polos espazos que, dentro do monte comunal, determine a Comunidade de Montes, co visto e prace da Xunta.

Por riba, como tantas veces se ten insistido nesta páxina, no Alto do Pornedo hai un conxunto rupestre catalogado e declarado Ben de Interese Cultural, ao redor do cal se debe gardar un perímetro de seguridade de 200 metros. É totalmente inadmisible que haxa vehículos motorizados circulando a grande velocidade a menos de cinco metros destes vestixios prehistóricos.

DEFENDE O MONTE PITUCO non deixará de denunciar, cantas veces faga falta, ante o Concello de Marín, a Xunta de Galicia, o Seprona e a Comunidade de Montes, as agresións que sofre este enclave sensible da nosa parroquia.

No Alto do Pornedo está

PROHIBIDO CIRCULAR CON VEHÍCULOS A MOTOR

Publicado por: MontePituco | 25/12/2011

BO NADAL

Bo Nadal 2011

Dende o Pornedo, unha aperta afectuosa a todas as persoas e colectivos a prol da defensa deste monte, cos nosos mellores desexos para o vindeiro 2012, no que continuaremos reivindicando intensamente a conservación deste espazo fronte aos intereses económicos e especulativos, particulares ou políticos, que procuran de forma irracional a súa destrucción instalando nel un polígono industrial ou área loxística. Máis Cultura, máis Natureza, máis Solidariedade e máis Compromiso. GRAZAS.

Publicado por: MontePituco | 24/12/2011

FELIZ NOITEBOA…

…Esta noite é Noite-Boa,

de alalás e de ruada.

Brinca a lúa polo ceo

tocando unha ribeirana.

Que viva, que viva,

que reine, que reine,

o fermoso neno

que é o rei dos reises.

Luís Amado Carballo: fragmento de “Panxoliña de Nadal”, en “O Galo” (1928)

Publicado por: MontePituco | 23/12/2011

SOBRE O CHAN INDUSTRIAL, NA PRENSA

Artigos anteriores »

Categorías

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.